As cousas doces e bonitas foron pra a cama todas os julais dos pais da vila revisan as suas notas John Wayne e o seu cabalo chegarán a punto á voda non te preocupes, non te poñas nervosa os políticos do cámbio farán-se de notar discursos e mítines por toda a capital o paquete de cor verde vai estoupar pois o porco xa é Ministro de Interiores Canedo leva posta a sua camisa azul Delfina xoga e gaña outra partida ao mus primeira corda rota, 7LVVAS blues os comerciantes da vila a pedir-lle á fada clientes do trinque que lles den gañáncia de súpeto alguén berra "benvido Mr.Marshall" e aparecen os soldados dunha base as moxas corretean ondeando os seus vestidos van de discoteca pra ligar-se aos raparigos que logo solventan os problemas a tiros e alguén di "teñen que desfogar-se" (CORO) "deixaron-me preñada" dixo a noiva molesta alguén trae ao doutor para que calme a sua histéria tras baixar-lles as persianas, sen reparos, aconsella "non deixes entrar aqui a eses crios!" logo chega o curandeiro que se cola dentro e sen vacilacións lle espeta o remédio "traga-te ese orgullo, desfai-te do neno non morres desta, basta xa, che digo!" (CORO) poño agora a vista en Xudas o traidor que mira para o xefe tras torturar a un moscón e lle di "grande héroi, Comandante, por favor, ónde podo botar a pastilla?" o Comandante resposta, perseguindo a outra mosca "morte a todos os que babean e choran" á dereita o Seu Fillo que lle pide a hora pois ten que acudir a Sua cita (CORO) a xeometria da carne inocente sobre o sexo destrue de por si a teoria de Galileo que corre hácia Kubrick e lle pide a ciumes cheo un posto na Laranxa Mecánica se pretende dar-lle a alguén a sorpresa da sua vida faga que se vaia con Xoán Brión a unha illa proxecte-lle A Lua ou algunha outra parida vai ter unha morte fantástica (CORO) aló na montana onde Nietzsche e Norma Jean desenrolaron unha vez o seu saco de durmir habia un aroma fresco e sutil e agora prantaron ali un rádar gostaria de escrivir unha canción tan sencilla que lle agradara a vostede fose señora ou señorita que lle calmara, aliviara ou curara as feridas da sua mente inútil e pechada (CORO)