7 Lvvas
Página inicial > 0-9 > 7 Lvvas > Calexóns

Calexóns

7 Lvvas


nun outono cheo de máxia
empezamos Ari i eu
deitábamo-nos na praia
toda a noite até o mencer;
se é que habia que facer algo
o facíamos a collóns
ir no coche a toda hóstia
e coller un peido os dous
dando tombos polos calexóns
tombos polos calexóns
meio derrotados, meio mortos de amor
íamos a tombos polos calexóns
só os dous na escuridade
lonxania dun resplandor
levando moi lento o baile
ao ritmo dos corazóns;
xa dentro do coche
esquencíamos o exterior
reclinabas o respaldo
e facíamos o amor despácio
cómplices dos calexóns
cómplices dos calexóns
Ari, alimentados por aquela lus ténue
onde xuramos acochar-nos para sempre
un concerto en Barcelona
un de xullo, Dire Straits
unha cita con Bruce Springsteen
e que nunca puido ser
a correr na escuridade
polas ruas de Pamplona
vexo as tascas cheas de xente
e na noite a vila chora;
foron-che as mentiras ditas
foron-che as verdades o puñal
podes culpar-me a min de todo, Ari
agora que mais dá
eu só sei que aquela noite
perdimos os papeis
e odiei-che a ti
e, maldita sexa,
odiei-no a el tambén...
deitado na escuridade
aínda te oio respirar
aínda sigo a enganar-me
a tratar de recuar;
Ari, aquilo de ir ao cine...
era a nosa relixión
imitábamos aos hérois,
prescindíamos do guión;
e agora aqui nos tés
igoaliños aos demais
eu sei que non pararei
ti non sei se pararás de andar a
tombos polos calexóns
tombos polos calexóns
onde me xurei e xuraches-me que
íamos amar-nos para sempre
a tombos polos calexóns
como en Lou Lou, Ari
Maurice Pialat, Isabelle Huppert
Gerard Depardieu
vén a dar tombos até o final
a tombos polos calexóns

Encontrou algum erro na letra? Por favor, envie uma correção >

Compartilhe
esta música

Ouça estações relacionadas a 7 Lvvas no Vagalume.FM

Mais tocadas de 7 Lvvas

ESTAÇÕES