Ergues-te nas águas, das de beber e no tótem hai dous ollos que ven como cravan a lanza buques na distáncia fan-che o perfil fuches serpe que naceu da matriz cando a loba ouveaba livre, cargas coas cadeas nas mans mas coa verdade tan lonxe, de qué vale o que fas? paspallás, tés o vento a favor sopla o ar, xela os raios do sol ah, ah, paspallás a lua disposta ao seu baño de mel ti, a criatura mais fiel vas-te sen dicir nada insensatos que penetran onde os anxos non van xuntos na maldita mañá que ti nin acadas sempre trá-lo rastro, a mudares de pel por diante do teu próprio, vello, esquizofrénico ser (CORO) estás no levítico, estás no corán a lei da selva, o lume e o pan son a tua doutrina baixo a bruma ao solpor, cabalgando no mar Michelangelo que coido que está a pintar a Sixtina príncipe da lus, mandas na terra dos reis príncipe na crus, cans que che lamen os pés (CORO) o mundo nas sombras, choiva e tronos no edén outro ser enxendrado en muller e ataviado con luvas tebras no universo, tentación no xardin a silueta que o recolle da Estíxia e que o pousa na rua ah paspallás, sabes o que quere de ti?! ah paspallás, non tés nada que dicir?! (CORO)